fotografía | photography

Latest

balcáns IX: persoas.

This slideshow requires JavaScript.

galego

Tal día coma o de hoxe, 6 de abril, fai vinte anos, francotiradores serbios disparaban contra unha manifestación pola paz en Sarajevo. Eses disparos marcaron a fin da utopía e o comezo da infamia.

Este último artigo da serie Balcánica é a miña particular homenaxe a todas esas persoas que sufriron dun ou doutro xeito a senrazón da guerra.

As persoas retratadas a continuación son serbias, bosníacas, albanokosovares, xitanas, serbokosovares, musulmás, católicas, ortodoxas, xudías, iugoslavas… cecais varias á vez, cecais todas ou ningunha. Son ante todo un exemplo de superación.

Debemos mirar tra-las etiquetas para atopar ás persoas que se atopan detrás.

(se queres a reportaxe completa en versión pdf ou impresa podes contactar con javierlopezprol@gmail.com)

english

Today, april 6th, twenty years ago, serb snipers shot agains a peace rally in Sarajevo. Those shoots were the end of the utopia and the beginning of infamy.

This last post of the Balkan series is my particular tribute to those people who suffered in any way the disgrace of the war.

People portraited here are Serbs, Bosniacs, Albankosovars, Roma people, Serbkosovars, Muslims, Catholics, Orthodox, Jewish, Yugoslavians… maybe several at the same time or maybe none of them. They are mainly an example of overcoming.

We must see through these tags to find the people living behind.

(if you want the complete report in pdf or print version contact to javierlopezprol@gmail.com)

español

Tal día como hoy, 6 de abril, hace veinte años, francotiradores serbios disparaban contra una manifestación por la paz en Sarajevo. Esos disparos marcaron el fin de la utopía y el comienzo de la infamia.

Este último artículo de la serie balcánica es mi particular homenaje a todas esas personas que sufrieron de una u otra forma la sinrazón de la guerra.

Las personas retratadas a continuación son serbias, bosníacas, albanokosovares, gitanas, sebokosovares, musulmanas, católicas, ortodoxas, judías, yugoslavas… quizás varias a la vez, quizás todas o quizás ninguna. Son ante todo un ejemplo de superación.

Debemos mirar tras las etiquetas para encontrar a las personas que se encuentran detrás.

(si quieres el reportaje completo en versión pdf o impreso contacta con javierlopezprol@gmail.com)

 

balcáns VIII: crenzas

This slideshow requires JavaScript.

galego

No cruce de camiños que son os Balcáns conviven decenas de etnias, nacionalidades, xentes e, como non podía ser doutro xeito, crenzas.

As tres grandes relixións monoteístas atópanse neste lugar: islam, xudaísmo e cristianismo; e dentro deste católicos e ortodoxos. Cada unha delas coas súas crenzas e formas de vida que moldearon perante séculos a cultura balcánica tinguíndoa de diversidade de cores.

O paradigma desta diversidade é Sarajevo onde a poucos metros de distancia atópanse aínda hoxe en día igrexas católicas e ortodoxas, mezquitas e sinagogas. Sarajevo concentraba na súa alma o reflexo de todo un mundo. E así se converteu no exemplo da convivencia. A utopía fíxose realidade en Sarajevo até 1993.

As relixións tiveron un importante papel no desenvolvemento dos conflitos balcánicos. As relixións convertéronse en instrumentos -que non en causas- de odio. E así foi como a utopía de moitos foi destruída pola paranoia e a senrazón duns poucos.

english

In The Balkans crossroads coexist tens of ethnic groups, nationalities, peoples and, therefore, beliefs.

The three main monotheistic religions are found here: islam, judaism and christianity; both catholic and orthodox. Each one with their own beliefs and ways of life shaping for ages balkan culture and giving it diversity of colours.

The paradigm of this diversity is Sarajevo, where orthodox and catholic churches, mosks and sinagoges may be found within a few meters. Sarajevo broght toguether in its soul the reflect of the whole world. And thus it became example of coexistence. Utopia became reality in Sarajavo  until 1993.

Religions had an important role in The Balkans conflict. Religions became instruments -not cause itself- for hate. And thus utopia of most was destroyed because the paranoia and unreasonableness of a few.

español

En el cruce de caminos que son los Balcanes conviven decenas de etnias, nacionalidades, gentes y, como no podía ser de otra forma, creencias.

Las tres grandes religiones monoteístas se encuentran en este lugar: islam, judaísmo y cristianismo; y dentro de este católicos y ortodoxos. Cada una de ellas con sus creencias y sus formas de vida que moldearon durante siglos la cultura balcánica tiñéndola de diversidad de colores.

El paradigma de esta diversidad es Sarajevo donde a pocos metros de distancia se encuentran todavía hoy en día iglesias católicas y ortodoxas, mezquitas y sinagogas. Sarajevo concentraba en su alma el relfejo de todo un mundo. Y así se convirtió en ejemplo de convivencia. La utopía se hizo realidad en Sarajevo hasta 1993.

Las religiones tuvieron un importante papel en el desarrollo de los conflictos balcánicos convirtiéndose en instrumentos -que no causas- de odio.Y así fue como la utipía de muchos fue destruida por la paranoia y la sinrazón de unos pocos.

balcáns VII: kosovo. mitrovica

This slideshow requires JavaScript.

galego

Mitrovica/Mitrovicë é unha cidade ao norte de Kosovo dividida polo río Íbar. Ao norte serbokosovares rezan nunha igrexa ortodoxa, pagan en dinares, falan serbio e escriben en alfabeto cirílico, boicotean as eleccións e ondean a bandeira serbia. Ao sur do río albanokosovares rezan en mezquitas, pagan en euros, falan albanés e escriben en alfabeto latino, votan nas eleccións e ondean bandeiras kosovares e albanesas. No medio unha ponte que non une unha cidade senon que separa dous mundos. A ambos lados hai moito movemento mais a ponte sobor do Íbar permanece baleira.

As feridas da guerra non son difíciles de atopar nos edificios destruídos e advertencias de minas, mais cecais o máis cruel sexa a insistente permanencia das bandeiras que se empeñan en perpetuar a ruptura.

 english

Mitrovica/Mitrovicë is a northern kosovo town divided by Ibar river. In the northern part serbkosovars pray in an ortodox church, pay in dinars, speak in serb and writte in cyrilic alphabet, boycott the elections and flutter a serbian flag. In the southern part albankosovars pray in mosks, pay in euros, speak in albanian and writte in latin alphabet, vote in the elections and flutter kosovar and albanian flags. In the middle a bridge which do not link a town, but separate two worlds. In both sides there is many people, but the bridge over the Ibar keeps empty.

The war scars are not hard to find in the destroyed buildings and mine warnings, but maybe the most cruel is the insistent permanence of the flags which perpetuate the breaking-off.

español

Mitrovica/Mitrovicë es una ciudad al norte de Kosovo dividida por el río Íbar. Al norte serbokosovares rezan en una iglesia ortodoxa, pagan en dinares, hablan serbio y escriben en alfabeto cirílico, boikotean las elecciones y ondean la bandera serbia. Al sur del río albanokosovares  rezan en mezquitas, pagan en euros, hablan albanés y escriben en alfabeto latino, votan en las elecciones y ondean banderas kosovares y albanesas. En el medio un puente que no une una ciudad sino que separa dos mundos. A ambos lados hay mucho movimiento pero el puente sobre el Íbar permanece vacío.

Las heridas de la guerra no son difíciles de encontrar en edificios destruidos y advertencias de minas, pero quizás lo más cruel sea la insistente permanencia de banderas que se empeñan en perpetuar la ruptura.

Recursos/Resources

Carlos, Taibo. Para entender el conflicto de Kosova.

balcáns VI: serbia na encrucillada

This slideshow requires JavaScript.

galego

Esta serie representa o momento histórico no que se atopa Serbia. Tra-lo pano de fondo confuso e cheo de dificultades que representa o seu pasado recente de conflito, na sociedade serbia mestúranse multitude de visións sobre o presente e sobre o camiño de futuro que debe tomar o país. Vellos e xoves, homes e mulleres, azul e vermello, modernidade e tradición, esquerda e dereita. Cruce de camiños.

english

This serie depicts the historical moment Serbia is living right now. Behind a confusing and difficult recent past in the background, in serbian society a plenty of visions about the present and the future of the country are mixed. Young and old people, men and women, blue and red, modernity and tradition, right and left. Crossroads.

español

Esta serie representa el momento histórico en el que se encuentra Serbia. Tras el paño de fondo confuso y lleno de dificultades que representa su pasado reciente de conflicto, en la sociedad serbia se mezclan multitud de visiones sobre el presente y sobre el camino de futuro que debe tomar el país.. Viejos y jóvenes, hombres y mujeres, azul y rojo, modernidad y tradición, derecha e izquierda. Cruce de caminos.

Recursos/Resources:
Andric, Ivo. Un puente sobre el Drina.

balcáns V: bosnia e herzegovina. mostar.

This slideshow requires JavaScript.

galego

Mostar, capital de Herzegovina, foi unha das cidades máis castigadas pola guerra ademais de Sarajevo. A ponte otomana do S. XVI é un símbolo. É o símbolo da cidade, foi o símbolo da infamia en 1993 e o da superación en 2004.

Se toda ponte é en si mesma un símbolo, esta representa o máis baixo e ao mesmo tempo o máis elevado do ser humano.

english

Mostar, capital of Herzegovina, was one of the most damaged towns during the war besides Sarajevo. The Otoman XVI Century bridge  is a symbol. It is the symbol of the town, was the symbol of infamy in 1993 and the one of overcoming in 2004.

If every bridge is a symbol itself, this one depicts the lowest and the highest of human being at the same time.

español

Mostar, capital de Herzegovina, fue una de las ciudades más castigadas por la guerra además de Sarajevo. El puente otomano del S. XVI es un símbolo. Es el símbolo de la ciudad, fue el símbolo de la infamia en 1993 y el de la superación en 2004.

Si todo puente es un símbolo en sí mismo, este representa lo más bajo y al mismo tiempo lo más elevado del ser humano.

Recursos/Resources:

Djikid IkiIvica (2011) . Cirkus Columbia. Barcelona: Sajalín Editorial. Trad: Maja Drnda

balcáns IV: kosovo. pristina.

This slideshow requires JavaScript.

galego

Kosovo (serbio) / Kosova (albanés) cecais sexa a rexión balcánica onde o conflito continúa máis presente. A historia de Kosova é tan complexa coma o seu propio presente. Como rexión intermedia entre Serbia e Albania, ambas nacións reivindican o seu dereito sobre este territorio, e ambas historiografías atribúen á súa etnia as primeiras poboacións sobre a rexión. Alí atópanse multitude de igrexas e conventos ortodoxos declarados Patrimonio da Humanidade en perigo, un dos argumentos dos serbios para consideralo como berce da súa identidade cultural e relixiosa. Aínda que por outra banda a maioría da poboación kosovar hoxe en día é albanesa.

Perante o Estado Federativo Iugoslavo Kosova era unha rexión autónoma dentro do Estado serbio. O surximento e auxe do nacionalismo en Serbia supuxo a limitación de dereitos progresiva á maioría albanesa en beneficio da minoría serbia. E esta limitación progresiva de dereitos foi respostada cunha cada vez maior contestación social pola maioría albanesa.  A represión é especialmente cruenta nos anos 1988-1999 e a espiral de violencia vai en aumento coa creación do UÇK: Exército de Liberación de Kosovo, liderado por Hashim Thaçi, actual presidente da República de Kosova.

Tralo fracaso das negociacións de Rambouillet (sobre as que existe unha grande controversia) a OTAN bombardeou Serbia e invadiu Kosova en 1999 que dende entón ostentou un status provisional baixo control internacional até que en 2008 declarou a súa independencia de xeito unilateral.

Alén de culpabilidades e responsabilidades, o resultado deste conflito foron violacións masivas de dereitos humanos a cidadáns de ambas etnias e doutras minorías presentes en Kosova (montenegrinos, macedonios, xitanos, turcos, etc). Milleiros de albaneses foron deportados ou convertéronse en refuxiados perante a primeira parte do conflito, e este fluxo  invertiuse en perxuízo da minoría serbia após da independencia.

Hoxe en día  Kosova trata de consolidar a súa independencia construíndo o Estado de Dereito co apoio das Nacións Unidas e da Unión Europea mediante as misións da UNMIK e EULEX respectivamente. Militarmente a misión KFOR da OTAN trata de mitigar as eventuais explosións violentas que se producen entre serbios e albaneses sobre todo na zona norte onde se atopan as maiores poboacións de maioría serbia.

english

Kosovo (serbian) / Kosova (albanian) may be the balkan region where the conflict still remains more present. Kosova’s History is as complex as its own present. As an intermediate region between Serbia and Albania both nations vindicate their rights over this land. There are many ortodox churches and monasteries declared as Word Heritage in danger, one of the arguments of serbs to consider Kosova as their cultural and religious soul. On the other hand most of kosovar population nowadays is albanian.

During the Iugoslavian Federative State, Kosova was an autonomic region part of Serbian State. The emergence and increasing of Serbian nationalism meant the progressive limitation of albanians’ rights. At the same time albanians’ rights were limited, protests by albanians against Serbia increased. Repression was specially serious in 1998-1999. And the spiral of violence increased with the emergence of the UÇK: Kosovar Liberation Army, led by Hashim Thaçi, current president of Kosovar Republic.

After Rambouillet Conference (There is a strong controversy about) NATO bombed Serbia and occupied Kosova in 1999. Since then Kosova was under international control untill the unilateral Independece Declaration in 2008.

The outcome of the conflict was a massive human rights violation in both etnhic groups (in addition to other minorities as montenegrians, macedonians, roma people, turkish, etc). Thousands of albanian people were deported or became refugees during the first part of the conflict, and this flow was reversed working against serbs after independence.

Nowadays Kosova tries to consolidate its independence building the Rule of Law supported by United Nations and European Union through UNMIK and EULEX missions respectively. Militarily NATO is carrying out KFOR mission to ensure peace and to mitigate possible violent explosions mainly in the north part where most of serbian towns are located.

español

Kosovo (serbio) / Kosova (albanés) quizás sea la región balcánica donde el conflicto continúa más presente. La historia de Kosova es tan complejaa como su propio presente. Como región intermedia entre Serbia y Albania, ambas naciones reivindican su derecho sobre este territorio, y ambas historiografías atribuyen a su propia etnia las primeras poblaciones sobre la región. Allí se encuentran multitud de iglesias y conventos ortodoxos declarados Patrimonio de la Humanidad en peligro, uno de los argumentos de los serbios para considerarlo como cuna de su identidad cultural y religiosa. Aunque por otra parte la mayoría de la población kosovar hoy en día es albanesa.

Durante el Estado Federativo Yugoslavo Kosova era una región autónoma dentro del Estado serbio. El surgimento y auge del nacionalismo en Serbia supuso la limitación de derechos progresiva a la mayoría albanesa en beneficio de la minoría serbia. Y esta limitación progresiva de derechos fue contestada con una cada vez mayor contestación social por parte de la mayoría albanesa.  La represión es especialmente cruenta en los años 1988-1999 y la espiral de violencia va en aumento con la creación del UÇK: Ejército de Liberación de Kosovo, liderado por Hashim Thaçi, actual presidente de la República de Kosova.

Tras el fracaso de las negociaciones de Rambouillet (sobre las que existe una gran controversia) la OTAN bombardeó Serbia e invadió Kosova en 1999 que desde entonces ostentó un status provisional bajo control internacional hasta que en 2008 declaró su independencia de forma unilateral.

Más allá de culpabilidades y responsabilidades, el resultado de este conflicto fueron violaciones masivas de derechos humanos a ciudadanos de ambas etnias y de otras minorías presentes en Kosova (montenegrinos, macedonios, gitanos, turcos, etc). Miles de albaneses fueron deportados o se convirtieron en refugiados durante la primera parte del conflicto, y este flujo  se invirtió en perjuicio de la minoría serbia tras la independencia.

Hoy en día  Kosova trata de consolidar su independencia construyendo el Estado de Derecho con el apoyo de las Naciones Unidas y la Unión Europea mediante las misiones UNMIK y EULEX respectivamente. Militarmente la misión KFOR de la OTAN trata de mitigar las eventuales explosiones violentas que se producen entre serbios y albaneses sobre todo en la zona norte donde se encuentran las mayores poblaciones de mayoría serbia.

Recursos/Resources

Kadaré, Ismail. Tres cantos fúnebres por Kosovo.

Kadaré, Ismail. El cortejo nupcial helado en la nieve.

balcáns III: serbia. belgrado.

This slideshow requires JavaScript.

galego

Serbia foi considerada pola maioría da prensa occidental coma o verdugo das guerras balcánicas modernas. Mais alén deste simplismo e da evidente culpa de Milosevic e o nacionalismo serbio, Serbia foi ao mesmo tempo verdugo e vítima do conflito que rematou co desmembramento de Iugoslavia.

Nun primeiro momento coa ansia nacionalista da creación da Grande Serbia, esta tivo un papel protagonista na guerra de Bosnia e Herzegovina e Croacia apoiando máis ou menos subrepticiamente aos paramilitares serbobosnios e serbocroatas e utilizando o que todavía era o exército iugoslavo para “garantir a unidade” do Estado Federativo.

As peores atrocidades dende a II Guerra Mundial en Europa ocorreron nos Balcáns en 1992-1995 e 1999. Aínda que en tódolos bandos existiron criminais de guerra, son traxicamente célebres nomes coma os de Radovan Karadžić e Ratko Mladić polo seu papel no xenocidio de Srebrenica e no asedio de Sarajevo onde milleiros de bosníacos (bosnios musulmáns) foron indiscriminadamente asasinados.

Serbia viviu a guerra no seu propio territorio a partir de 1999 cando o país foi bombardeado pola OTAN como resposta aos abusos que se estaban cometendo contra a poboación albanesa en Kosovo.

Hoxe en día Serbia trata de afrontar a independencia do que fora a súa provincia autónoma, e do que eles consideran o berce da súa cultura: Kosovo.

english

Serbia was considered by most of western media as the executioner of the moderm balkan wars. But beyond the obvious guilt of Milosevic and Serbian Nationalism, Serbia was both executioner and victim of the conflict which ended up with the Yugoslavia’s breaking-off.

The aim of creating a Great Serbia led the country to a main role in the Bosnian and Croat wars supporting paramilitary bosnianserb and croatserb forces. And using what still was the Yugoslavian army to “ensure the unity” of the Federative State.

The worst atrocities in Europe since II World War happened in the Balkans between 1992-1995 and 1999. There were war criminals in all sides, but names as Radovan Karadžić and Ratko Mladić became known because of their responsibility in the genocide of Srebrenica and the siege of Sarajevo where thousands of bosniacs (muslim bosnians) were indiscriminately murdered.

Serbia lived war in its own land in 1999 when it was attacked by NATO as a response for the abuses committed to the alabanian population in Kosovo.

Nowadays Serbia faces the independence of the land considered by them as their cultural soul: Kosovo.

español

Serbia fue considerada por la mayoría de la prensa occidental como el verdugo de las guerras balcánicas modernas. Pero más allá de este simplismo y de la evidente culpa de Milosevic y el nacionalismo serbio, Serbia fue al mismo tiempo verdugo y víctima del conflicto que acabó con el desmembramiento de Yugoslavia.

En un primer momento con el ansia nacionalista de la creación de la Gran Serbia, ésta tuvo un papel protagonista en la Guerra de Bosnia y Herzegovina y Croacia apoyando más o menos subrepticiamente a los paramilitares serbobosnios y serbocroatas y utlizando lo que todavía era el ejército yugoslavo para “garantizar la unidad” del Estado Federativo.

Las peores atrocidades desde la II Guerra Mundial en Europa ocurrieron en los Balcanes en 1992-1995 y 1999. Aunque en todos los bandos existieron criminales de guerra, son trágicamente célebres nombres como los de Radovan Karadžić y Ratko Mladić por su papel en el genocidio de Srebrenica y el asedio de Sarajevo donde miles de bosníacos (bosnios musulmanes) fueron indiscriminadamente asesinados.

Serbia vivió la guerra en su propio territorio a partir de 1999 cuando el país fue bombardeado por la OTAN como respuesta a los abusos que estaban cometiendo contra la población albanesa en Kosovo.

Hoy en día Serbia trata de afrontar la independencia de lo que fuera su provincia autónoma, y de lo ellos consideran la cuna de su cultura: Kosovo

Recursos/Resources

Suljagić, Emir. (2007). Postales desde la tumba. Barcelona: Galaxia Gutemberg. Trad: Luisa Fernand Garrido, Tihomir Pištelek.

balcáns II: bosnia e herzegovina. sarajevo

This slideshow requires JavaScript.

galego

Érase unha vez, nun lugar remoto de Europa, detrás de sete montañas e sete ríos, un fermoso país chamado Iugoslavia. A súa xente pertencía a seis nacións distintas, tiña tres relixións distintas, e falaba tres linguas distintas. Eran croatas, serbios, eslovenos, macedonios, montenegrinos e musulmáns, aínda que todos traballaban xuntos, ían ao colexio xuntos, casábanse uns cos outros e viviron en relativa harmonía durante corenta e cinco anos*

Parece un conto, mais así era Iugoslavia antes da morte de Tito en 1980, e o máximo expoñente desta diversidade era BiH e concretamente Sarajevo. Sarajevo foi perante moitos anos un exemplo. Un exemplo de diversidade, de multiculturalidade, de coesxistencia. Esa coexistencia pódese ver aínda hoxe na convivencia de mezquitas, igrexas cristianas católicas e ortodoxas e sinagogas a poucos metros de distancia. Este espírito cosmopolita empezou a rachar en 1992 cos primeiros disparos que significaban o inicio dun asedio á cidade que duraría tres anos e medio. E de repente a senrazón converteuse no día a día. Non só se destruiu unha cidade, non só milleiros de persoas foron asasinadas, a alma de Sarajevo, a idea de convivencia, foi destruída.

english

There was once, in a remote place in Europe, behind seven mountains and sever rivers, a beautiful country called Yugoslavia. Its people belonged to six different nations, three different religions, and spoke three different languages. They were Croats, Serbs, Eslovenes, Macedonian, Montenegrian and Muslims, although all of them worked together, went to school together, got married amongst themselves. And they lived in relative harmony for forty five years*

It seems a tale, but Yugoslavia was like that before Tito died in 1980, and the best representative of that diversity was BiH and Sarajevo. Sarajevo was for ages an example. An example of diversity, multiculturalism and coexistence. That coexistence may be seen still nowadays in the mosks, ortodox and catholic cristian churchs and synagogues living together within a few metres. This cosmopolitan soul started to break in 1992 with the first shots which meant a siege over the town for three years and a half. Suddenly unreasonableness became the day-to-day for sarajevians. Not only a city was destroyed, not only thousands of people were killed, but the soul of Sarajevo, the idea of coexistence, was destroyed.

español

Érase una vez, en un lugar remoto de Europa, detrás de siete montañas y siete ríos, un hermoso país llamado Yugoslavia. Su gente pertenecía a seis naciones distintas, tenía tres religiones distintas, y hablaba tres lenguas distintas. Eran croatas, serbios, eslovenos, macedonios, montenegrinos y musulmanes, aunque todos trabajaban juntos, iban al colegio juntos, se casaban unos con otros y vivieron en relativa armonía durante cuarenta y cinco años*

Parece un cuento, pero así era Yugoslavia antes de la muerte de Tito en 1980, y  el máximo exponente de esa diversidad era BiH y concretamente Sarajevo. Sarajevo fue durante muchos años un ejemplo. Un ejemplo de diversidad, de multiculturalidad y de coexistencia. Esa coexsistencia todavía se puede ver en hoy en la convivencia de mezquitas, iglesias cristianas católicas y ortodoxas y sinagogas pocos metros de distancia. Ese espíritu cosmopolita empezó a romperse en 1992 con los primeros disparos que significaban el inicio de un asedio a la ciudad que duraría tres años y medio. Y de repente la sinrazón se convirtió en día a día. No solo se destruyó una ciudad, no sólo miles de personas fueron asesinadas, el alma de Sarajevo, la idea de convivencia, fue destruída.

Recursos/Resources:

*Drakulić, Slavenka (2008). No matarían ni una mosca. Criminales de guerra en el banquillo. L’hospitalet: Global Rythm.

balcáns I: limiar

This slideshow requires JavaScript.

galego

Este é o primeiro dunha serie de fotorreportaxes sobre os balcáns que irei publicando no blogue. Estará centrado nos tres países máis afectados pola guerra ademais de Croacia: Serbia, Kosovo e Bosnia e Herzegovina. Procurarei publicar a lo menos a ritmo mensual ou maior se me é posíbel. Se vos interesa podedes subscribirvos (de balde por suposto) á dereita onde pon “sign me up” e seredes avisados por mail de novas actualizacións. Ao final dos post recoméndanse recursos para o mellor entendemento do conflito e da sociedade balcánica.

E por que os Balcáns? Porque coido que é unha terra tan excepcional e interesante coma descoñecida. Na primeira viaxe que fixen por eses lares quedei abraiado da súa terra, da súa xente e da súa historia. E por iso sinto a débeda moral de transmitir todo o que puiden captar e aprender alí. Decateime da miña propia ignorancia sobre algo que sucedeu e que está sucedendo no corazón de Europa e do que; a lo menos eu, mais coido que moita máis xente, non tiñamos nin idea. É unha terra da que temos moitísimo que aprender. Da súa diversidade, da súa complexidade, dos seus erros e da súa personalidade social e individual que non pode deixar de abraiarme. Espero poder transmitir coas imaxes a lo menos unha milésima parte do que os Balcáns me transmitiron e me ensinaron a min.

Agardo que isto serva para botar un chisco de luz e para empatizar con estes lugares e persoas coas que temos moitísimo máis en común do que maxinamos.

Grazas a todos os que me apoiaron e me axudaron nas viaxes. Especialmente a Neno de Sarajevo a quen lle debo grande parte do meu entendemento sobre o conflicto que alí tivo lugar.

english

This is the first photoreport of a series about The Balkans that i will publish in this blog. It will be focused on the countries most affected by the war besides Croacia: Serbia, Kosovo and Bosnia and Herzegovina. I will try to publish at least monthly or more frecuently if  possible. If you are interested, you can subscribe in the right side (for free of course) and you will be notified by mail of new posts. At the end of the post you will find more resources to a better understanding and knowing.

And why  The Balkans? Because I think is an exceptional, interesting and unknown land. In my first trip there I was impressed of that amazing land’s people and History. And that is why I feel a moral debt to transmit all I could capture and learn there. I realized of my own ignorance. Something that has happened and that is still happening in the heart of Europe. We have a lot of thing to learn from them. From their diversity, theyr complexity, their mistakes and their social and individual personality. I hope to be able to communicate with images at least a little bit of what The Balkans transmited and taught me.

I wish this to be useful to understand and throw light upon these places and peoples with who we have much more in common that we can imagine.

Thanks to all who helped me in my trips. Specially thanks to Neno from Sarajevo who taught me all I know about the conflict and encouraged me to keep learning.

español

Este es el primero de una serie de fotorreportajes sobre los balcanes que iré publicando en el blog. Estará centrado en los países más afectados por la guerra además de Croacia: Serbia, Kosovo y Bosnia y Herzegovina. Intentaré publicar al menos a ritmo mensual o mayor si fuera posible. Si os interesa podeis suscribiros (gratis por supuesto) en la parte derecha donde pone “sign me up” y sereis avisados por mail de nuevas actualizaciones. Al final de los posts se recomiendan otros recursos para el mejor entendimiento del conflicto y la sociedad balcánica.

¿Y por qué los Balcanes? Porque creo que es una tierra tan excepcional e interesante como desconocida. En mi primer viaje me quedé impresionado de su tierra, de su gente y de su historia. Y por eso siento la deuda moral de transmitir todo lo que pude captar y aprender allí. Me di cuenta de mi propia ignorancia sobre algo que sucedió y que está sucediendo en el corazón de Europa y de lo que; al menos yo, pero creo que mucha más gente, no teníamos ni idea. Es una tierra de la que tenemos muchísimo que aprender. De su diversidad, de su complejidad, de sus errores y de su personalidad social e individual. Espero poder transmitir con las imágenes al menos una milésima parte de lo que los Balcanes me transmitieron y me enseñaron a mi.

Espero que esto sirva para echar un poco de luz y para empatizar con estos lugares y personas con las que tenemos muchísimo más en común de lo que nos imaginamos.

Gracias a todos los que me apoyaron y ayudaron en los viajes. Especialmente a Neno de Sarajevo a quien le debo gran parte de mi entendimiento sobre el conflicto que allí tuvo lugar.

Recursos / Resources:

Núñez, Isabel. (2008). Si un árbol cae. Conversaciones en torno a la guerra de los Balcanes. Barcelona: Alba.

xornadas internacionais de folclore

Xornadas Internacionais de Folclore. Ourense, Galiza. Agosto de 2011.

International Folklore Days. Ourense, Galiza.  August, 2011.

This slideshow requires JavaScript.

Togo:

Bolibia:

Bielorrusia:

Chile:

Corea do Sur:

Rusia: