fotografía | photography

Posts tagged “prishtinë

balcáns IV: kosovo. pristina.

This slideshow requires JavaScript.

galego

Kosovo (serbio) / Kosova (albanés) cecais sexa a rexión balcánica onde o conflito continúa máis presente. A historia de Kosova é tan complexa coma o seu propio presente. Como rexión intermedia entre Serbia e Albania, ambas nacións reivindican o seu dereito sobre este territorio, e ambas historiografías atribúen á súa etnia as primeiras poboacións sobre a rexión. Alí atópanse multitude de igrexas e conventos ortodoxos declarados Patrimonio da Humanidade en perigo, un dos argumentos dos serbios para consideralo como berce da súa identidade cultural e relixiosa. Aínda que por outra banda a maioría da poboación kosovar hoxe en día é albanesa.

Perante o Estado Federativo Iugoslavo Kosova era unha rexión autónoma dentro do Estado serbio. O surximento e auxe do nacionalismo en Serbia supuxo a limitación de dereitos progresiva á maioría albanesa en beneficio da minoría serbia. E esta limitación progresiva de dereitos foi respostada cunha cada vez maior contestación social pola maioría albanesa.  A represión é especialmente cruenta nos anos 1988-1999 e a espiral de violencia vai en aumento coa creación do UÇK: Exército de Liberación de Kosovo, liderado por Hashim Thaçi, actual presidente da República de Kosova.

Tralo fracaso das negociacións de Rambouillet (sobre as que existe unha grande controversia) a OTAN bombardeou Serbia e invadiu Kosova en 1999 que dende entón ostentou un status provisional baixo control internacional até que en 2008 declarou a súa independencia de xeito unilateral.

Alén de culpabilidades e responsabilidades, o resultado deste conflito foron violacións masivas de dereitos humanos a cidadáns de ambas etnias e doutras minorías presentes en Kosova (montenegrinos, macedonios, xitanos, turcos, etc). Milleiros de albaneses foron deportados ou convertéronse en refuxiados perante a primeira parte do conflito, e este fluxo  invertiuse en perxuízo da minoría serbia após da independencia.

Hoxe en día  Kosova trata de consolidar a súa independencia construíndo o Estado de Dereito co apoio das Nacións Unidas e da Unión Europea mediante as misións da UNMIK e EULEX respectivamente. Militarmente a misión KFOR da OTAN trata de mitigar as eventuais explosións violentas que se producen entre serbios e albaneses sobre todo na zona norte onde se atopan as maiores poboacións de maioría serbia.

english

Kosovo (serbian) / Kosova (albanian) may be the balkan region where the conflict still remains more present. Kosova’s History is as complex as its own present. As an intermediate region between Serbia and Albania both nations vindicate their rights over this land. There are many ortodox churches and monasteries declared as Word Heritage in danger, one of the arguments of serbs to consider Kosova as their cultural and religious soul. On the other hand most of kosovar population nowadays is albanian.

During the Iugoslavian Federative State, Kosova was an autonomic region part of Serbian State. The emergence and increasing of Serbian nationalism meant the progressive limitation of albanians’ rights. At the same time albanians’ rights were limited, protests by albanians against Serbia increased. Repression was specially serious in 1998-1999. And the spiral of violence increased with the emergence of the UÇK: Kosovar Liberation Army, led by Hashim Thaçi, current president of Kosovar Republic.

After Rambouillet Conference (There is a strong controversy about) NATO bombed Serbia and occupied Kosova in 1999. Since then Kosova was under international control untill the unilateral Independece Declaration in 2008.

The outcome of the conflict was a massive human rights violation in both etnhic groups (in addition to other minorities as montenegrians, macedonians, roma people, turkish, etc). Thousands of albanian people were deported or became refugees during the first part of the conflict, and this flow was reversed working against serbs after independence.

Nowadays Kosova tries to consolidate its independence building the Rule of Law supported by United Nations and European Union through UNMIK and EULEX missions respectively. Militarily NATO is carrying out KFOR mission to ensure peace and to mitigate possible violent explosions mainly in the north part where most of serbian towns are located.

español

Kosovo (serbio) / Kosova (albanés) quizás sea la región balcánica donde el conflicto continúa más presente. La historia de Kosova es tan complejaa como su propio presente. Como región intermedia entre Serbia y Albania, ambas naciones reivindican su derecho sobre este territorio, y ambas historiografías atribuyen a su propia etnia las primeras poblaciones sobre la región. Allí se encuentran multitud de iglesias y conventos ortodoxos declarados Patrimonio de la Humanidad en peligro, uno de los argumentos de los serbios para considerarlo como cuna de su identidad cultural y religiosa. Aunque por otra parte la mayoría de la población kosovar hoy en día es albanesa.

Durante el Estado Federativo Yugoslavo Kosova era una región autónoma dentro del Estado serbio. El surgimento y auge del nacionalismo en Serbia supuso la limitación de derechos progresiva a la mayoría albanesa en beneficio de la minoría serbia. Y esta limitación progresiva de derechos fue contestada con una cada vez mayor contestación social por parte de la mayoría albanesa.  La represión es especialmente cruenta en los años 1988-1999 y la espiral de violencia va en aumento con la creación del UÇK: Ejército de Liberación de Kosovo, liderado por Hashim Thaçi, actual presidente de la República de Kosova.

Tras el fracaso de las negociaciones de Rambouillet (sobre las que existe una gran controversia) la OTAN bombardeó Serbia e invadió Kosova en 1999 que desde entonces ostentó un status provisional bajo control internacional hasta que en 2008 declaró su independencia de forma unilateral.

Más allá de culpabilidades y responsabilidades, el resultado de este conflicto fueron violaciones masivas de derechos humanos a ciudadanos de ambas etnias y de otras minorías presentes en Kosova (montenegrinos, macedonios, gitanos, turcos, etc). Miles de albaneses fueron deportados o se convirtieron en refugiados durante la primera parte del conflicto, y este flujo  se invirtió en perjuicio de la minoría serbia tras la independencia.

Hoy en día  Kosova trata de consolidar su independencia construyendo el Estado de Derecho con el apoyo de las Naciones Unidas y la Unión Europea mediante las misiones UNMIK y EULEX respectivamente. Militarmente la misión KFOR de la OTAN trata de mitigar las eventuales explosiones violentas que se producen entre serbios y albaneses sobre todo en la zona norte donde se encuentran las mayores poblaciones de mayoría serbia.

Recursos/Resources

Kadaré, Ismail. Tres cantos fúnebres por Kosovo.

Kadaré, Ismail. El cortejo nupcial helado en la nieve.