fotografía | photography

santiago de compostela

campus stelae

O primeiro post deste blog como non podía ser doutro xeito está adicado a unha fermosa cidade ateigada de estrelas…

This slideshow requires JavaScript.

I. ás veces procuramos fuxir cara ningures

ou cara algún lugar no que poder fuxir

albiscar as estrelas.

II. nalgures existe un campus stelae

que dende o século IX mantén a súa esencia máxica

pragado de estrelas que guían aos pelegríns

cara o máis fondo de si mesmo.

III. onde todos os camiños teñen as súas estrelas

que conducen aos que se atreven a transitalos

ao destino máis acolledor…

un destino máxico onde perderse

baixo o ceo estrelado que agarima cada recuncho da súa alma.

IV. cada estrela é diferente

cada paso transmítenos unha sensación distinta.

a tranqulidade de estar no fogar

e a ledicia de descubrir o alén.

V.  ademáis hai estrelas para todos

cada rúa ten estrelas que lle dan luz

e se encargan de que ninguén perda máis tempo do estrictamente necesario

que é todo o do mundo.

VI. todas as estrelas nos guiaron a este lugar.

as estrelas non minten nen se trabucan

porque non existe un lugar mellor…

Santiago de Compostela, Galiza.