fotografía | photography

Posts tagged “judaísmo

balcáns VIII: crenzas

This slideshow requires JavaScript.

galego

No cruce de camiños que son os Balcáns conviven decenas de etnias, nacionalidades, xentes e, como non podía ser doutro xeito, crenzas.

As tres grandes relixións monoteístas atópanse neste lugar: islam, xudaísmo e cristianismo; e dentro deste católicos e ortodoxos. Cada unha delas coas súas crenzas e formas de vida que moldearon perante séculos a cultura balcánica tinguíndoa de diversidade de cores.

O paradigma desta diversidade é Sarajevo onde a poucos metros de distancia atópanse aínda hoxe en día igrexas católicas e ortodoxas, mezquitas e sinagogas. Sarajevo concentraba na súa alma o reflexo de todo un mundo. E así se converteu no exemplo da convivencia. A utopía fíxose realidade en Sarajevo até 1993.

As relixións tiveron un importante papel no desenvolvemento dos conflitos balcánicos. As relixións convertéronse en instrumentos -que non en causas- de odio. E así foi como a utopía de moitos foi destruída pola paranoia e a senrazón duns poucos.

english

In The Balkans crossroads coexist tens of ethnic groups, nationalities, peoples and, therefore, beliefs.

The three main monotheistic religions are found here: islam, judaism and christianity; both catholic and orthodox. Each one with their own beliefs and ways of life shaping for ages balkan culture and giving it diversity of colours.

The paradigm of this diversity is Sarajevo, where orthodox and catholic churches, mosks and sinagoges may be found within a few meters. Sarajevo broght toguether in its soul the reflect of the whole world. And thus it became example of coexistence. Utopia became reality in Sarajavo  until 1993.

Religions had an important role in The Balkans conflict. Religions became instruments -not cause itself- for hate. And thus utopia of most was destroyed because the paranoia and unreasonableness of a few.

español

En el cruce de caminos que son los Balcanes conviven decenas de etnias, nacionalidades, gentes y, como no podía ser de otra forma, creencias.

Las tres grandes religiones monoteístas se encuentran en este lugar: islam, judaísmo y cristianismo; y dentro de este católicos y ortodoxos. Cada una de ellas con sus creencias y sus formas de vida que moldearon durante siglos la cultura balcánica tiñéndola de diversidad de colores.

El paradigma de esta diversidad es Sarajevo donde a pocos metros de distancia se encuentran todavía hoy en día iglesias católicas y ortodoxas, mezquitas y sinagogas. Sarajevo concentraba en su alma el relfejo de todo un mundo. Y así se convirtió en ejemplo de convivencia. La utopía se hizo realidad en Sarajevo hasta 1993.

Las religiones tuvieron un importante papel en el desarrollo de los conflictos balcánicos convirtiéndose en instrumentos -que no causas- de odio.Y así fue como la utipía de muchos fue destruida por la paranoia y la sinrazón de unos pocos.